Departamento de Empleo, Comercio y Emigración
Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou ao funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2025, tramitada por anticipado de gasto (código de procedemento TR807J).
Objeto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de subvencionar a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemento TR807J).
Beneficiarios
As asociacións empresariais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.
Importe
Cóntase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.324A.480.6, código do proxecto 2019 00016, que se distribuirá do seguinte xeito: o 50 % para as asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.
Actividades elegibles
A actividade subvencionable será a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial que desenvolvan accións directas de apoio a empresas e persoas traballadoras na procura da igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de xénero.
As entidades que resulten beneficiarias poderán adscribir a estes gabinetes persoal propio ou ben contratar persoas expertas en igualdade laboral, que deberán contar con formación e/ou experiencia acreditada en materia de igualdade de xénero e de oportunidades.
Concretamente, o persoal destes gabinetes encargarase de desenvolver as actividades derivadas do seu funcionamento ordinario, entre as cales cabe salientar as seguintes:
1. Apoiar tecnicamente e asesorar as empresas e as representacións sindicais no fomento da igualdade laboral en ámbitos como contidos da negociación colectiva e introdución da perspectiva de xénero, proceso de selección e contratación, clasificación profesional, promoción profesional, condicións de traballo, exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral, infrarrepresentación feminina, retribucións, prevención do acoso moral, sexual e por razón de sexo, etc.
2. Apoiar as empresas e persoas traballadoras na definición e no desenvolvemento dos plans de igualdade, así como a súa avaliación e seguimento.
3. Desenvolver un traballo de diagnose permanente, desde o punto de vista da igualdade e da fenda salarial, a través de diferentes actuacións, que poderán ser:
a) Análise sectorial dos plans de igualdade que formen parte dun convenio colectivo, e elaboración de informes sectoriais sobre situacións relativas a sectores feminizados, masculinizados e sobre sectores con mellores condicións de traballo e salario.
Non se terán en conta aquelas análises e os informes que non sexan innovadores e que consistan exclusivamente en traducións, adaptacións ou adecuacións de publicacións en calquera formato, así como os subvencionados en anos anteriores ou os que xa estean realizados por outras entidades cuxos resultados estean publicados e accesibles ao público por calquera medio.
b) Identificación de boas prácticas en plans de igualdade laboral de empresas galegas.
c) Actividades informativas e divulgativas dirixidas ás empresas e persoas traballadoras na procura da igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de xénero.
d) Aqueloutras consideracións que contribúan á mellora e á redución da fenda salarial e á igualdade laboral e de oportunidades.
Non serán obxecto desta subvención as actividades de formación.
Fecha límite de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes e, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Más información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 809956): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio
-En la Secretaría General de Empleo y Relaciones Laborales.
-DOG Nº: 14 (public. 22/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0767-261224-0003_gl.pdf