Ministerio de Medio Rural
Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).
Objeto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR670E).
A finalidade desta orde é conceder no ano 2025 unha axuda consiste nun pagamento anual, durante un quinquenio (anos 2025, 2026, 2027, 2028 e 2029), dunha prima sobre a base dos custos adicionais incorridos e do lucro cesante resultante dos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos.
2. Esta orde encádrase na Intervención 6502.1–Compromisos forestais de xestión-Subintervención 65021_05_06–Certificación de servizos ecosistémicos, contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Entidades beneficiarias
1. Serán entidades beneficiarias as entidades locais, as comunidades de montes veciñais en man común, as agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
2. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. As comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) para poder acceder a estas axudas deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de presentación da solicitude da axuda.
4. As agrupacións forestais de xestión conxunta deberán estar inscritas, con data límite do día en que remate o prazo de presentación da solicitude de axuda, no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, regulado na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta e como persoa silvicultora activa.
5. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, de 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de monte de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
6. Non poderán ser persoas beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
Financiación
1. As accións previstas nesta orde financiaranse como segue:
Aplicación orzamentaria: 15.03.713B.770.0 2024 00101 (entidades beneficiarias distintas das entidades locais)
Ano | 2025 | 2026 | 2027 | 2028 | 2029 | Total |
Consignación orzamentaria | 100.000 | 100.000 | 100.000 | 100.000 | 100.000 | 500.000 |
Aplicación orzamentaria: 15.03.713B.760.0 2024 00101 (só entidades locais)
Ano | 2025 | 2026 | 2027 | 2028 | 2029 | Total |
Consignación orzamentaria | 24.962,60 | 24.962,60 | 24.962,60 | 24.962,60 | 24.962,60 | 124.813 |
2. Esta orde tramítase conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
3. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente procederá a publicar esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
4. A distribución de fondos e aplicacións orzamentarias sinalados son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se deberá axustar, tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola subdirección xeral responsable dos recursos forestais recollida no artigo 11 da orde. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.
5. Os compromisos correspondentes a esta orde, cofinanciados con fondos Feader no marco do PEPAC 2023-2027 nun 80 %, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 16 % e a Xunta de Galicia nun 4 %, mediante a Intervención 65021–Compromisos forestais de xestión, encadrada na Subintervención 65021_05–Certificación servizos ecosistémicos 01 e na Subintervención 65021_06–Certificación servizos ecosistémicos 02.
Fecha límite de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Más información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 808628): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.
-Nos servizos de montes dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos provinciais de montes).
-DOG Nº: 11 (public. 17/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0426-271224-0003_gl.pdf