Ayudas para la mejora de la capacidad de innovación de las empresas de Galicia (programa Igape Innova)

El plazo de solicitud finaliza el 21/02/2025

Instituto Gallego de Promoción Económica

Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).

Objeto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incrementar a capacidade innovadora das pemes e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.

Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:

Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.

Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.

Personas beneficiarias

As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.

Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 4.000.000 €, e coa seguinte distribución plurianual:

Liña 1: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.

Liña 2: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.

Fecha límite de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Boletín Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo dun mes.

Más información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 808279): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio

-En el Instituto Gallego de Promoción Económica (IGAPE):  https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

-PERRO Nº: 8 (público. 14/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioO92-090125-0003_gl.pdf

es_ESES