Subvenciones a entidades de acción voluntaria y entidades locales enmarcadas en el programa Servicio de Voluntariado Juvenil

El plazo de solicitud finaliza el 15/02/2025

Ministerio de Cultura, Lengua y Juventud

Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

BDNS (Identif.): 808321.

Objeto y finalidad

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, que realicen proxectos do dito programa desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

O dito programa consiste en instar a participación nas entidades de acción voluntaria e nas entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia das persoas mozas galegas para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro dos sectores de actuación establecidos na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do programa Servizo de voluntariado xuvenil desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025.

Presupuesto

A contía global da convocatoria é de douscentos cincuenta e cinco mil euros (255.000 €), dos cales, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0, cento vinte mil euros (120.000 €) se destinarán ás entidades locais e, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, cento trinta e cinco mil euros (135.000 €) se destinarán ás entidades de acción voluntaria, de acordo co proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 17 de outubro de 2024, en que se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

En ningún caso a contía da axuda poderá superar os 4.800 €, que correspondería a un proxecto de 8 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, ou a cantidade de 12.000 €, que correspondería a un proxecto de 20 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poida solicitar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.

Proyectos elegibles

1. Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan persoas mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Para as persoas menores de 18 anos precísase, ademais, autorización da nai, pai ou persoa que exerza a titoría legal.

2. Estes proxectos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia desenvolveranse preferentemente nalgunha das seguintes actividades:

a) Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.

b) Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.

c) Actividades con colectivos en situación de risco.

d) Actividades xuvenís.

e) Actividades ambientais.

f) Actividades relacionadas coa igualdade de xénero ou aquelas que desenvolvan medidas orientadas á prevención e sensibilización en materia de violencia de xénero.

g) Actividades relacionadas co ámbito familiar.

h) Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.

i) Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.

3. Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025. As xornadas diarias serán de 6 horas e, se son inferiores, sumaranse as horas diarias ata completar xornadas de 6 horas.

4. Os proxectos de acción voluntaria describiranse consonte o previsto no anexo I e indicarán, entre outros aspectos, o número de persoas voluntarias con que se conta para a súa realización, a participación destas no desenvolvemento do proxecto e as horas dedicadas.

5. Non se subvencionarán proxectos en que participen máis de 8 persoas voluntarias por proxecto. Permitirase participar nos proxectos subvencionables deste ano as persoas voluntarias que, como máximo, concorresen á mesma subvención nunha convocatoria anterior. No caso de proxectos presentados por entidades locais resultado dunha fusión, agrupación, asociación, mancomunidade ou similar, poderanse subvencionar aqueles coa participación de ata un máximo de 20 persoas voluntarias por proxecto.

6. Logo da finalización de cada proxecto, a entidade beneficiaria solicitará a inscrición no Rexistro de Acción Voluntaria das experiencias voluntarias das persoas participantes. Igualmente, as ditas entidades deberán solicitar da Dirección Xeral de Xuventude a expedición dos certificados de experiencia voluntaria a favor das persoas participantes no proxecto con antelación á xustificación da subvención outorgada.

7. Se por causas xustificadas, expresamente e logo de comunicación, algunha das persoas voluntarias ten que abandonar a súa participación no proxecto subvencionable antes de que remate este, terá que ser substituída por outra persoa voluntaria polo tempo restante. A cada unha delas aboaránselle os gastos correspondentes polo tempo dedicado ao proxecto subvencionable, de acordo co número 4 do artigo 6.

Fecha límite de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Más información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 808321): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Dirección Xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

- PERRO Nº 9 (publicado el 15/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0766-201224-0002_gl.pdf

es_ESES