Subvenciones, en régimen de competencia no competitiva, para la construcción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición y mejora del equipamiento de los centros de información de la mujer (CIM)

El plazo de solicitud finaliza el 20/02/2025

Ministerio de Política Social e Igualdad

ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI427D).

BDNS (Identif.): 809354.

Objeto y finalidad

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a construción, ampliación, rehabilitación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

O código do procedemento correspondente a esta subvención é o SI427D.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramítase mediante o réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo a cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da mesma lei.

3. As subvencións recollidas nesta orde teñen por obxecto o financiamento de actuacións de construción, ampliación, rehabilitación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos CIM realizadas con posterioridade á publicación destas bases reguladoras.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades locais de Galicia titulares de centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Importe

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe de setecentos setenta mil catrocentos sesenta e seis euros (770.466,00 euros), que se imputarán á aplicación orzamentaria 08.06.313D.760.0 (código do proxecto 2018 00112).

Esta partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

2. O importe máximo inicial do crédito destinado ás axudas obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Acciones y gastos subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as seguintes actuacións:

a) Os gastos de demolición, cimentación ou estrutura, a construción de novos edificios e a ampliación das construcións xa existentes.

b) Obras de reforma que impliquen a modernización, a mellora, a remodelación ou a adaptación do inmoble, entendendo por tales, entre outras, as obras encamiñadas á mellora da conservación, á mellora da eficiencia enerxética, á mellora da accesibilidade e á mellora da habitabilidade dos edificios dos CIM.

c) Adquisición de equipamento informático como ordenadores, monitores, impresoras e similares, de equipamento de oficina como fotocopiadoras e similares, e mobiliario como mesas, cadeiras e similares.

d) Gastos de honorarios profesionais derivados de elaboración de anteproxectos e/ou proxectos de obra, estudos de viabilidade, memorias técnicas e outros similares relacionados coa actuación subvencionable.

e) Gastos de honorarios profesionais en concepto de dirección de obra e/ou de coordinación de seguridade e saúde e outros similares relacionados coa actuación subvencionable.

2. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable pola entidade solicitante.

Fecha límite de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Más información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 809354): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código de procedemento SI427D, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, nas unidades administrativas de igualdade dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, https://igualdade.xunta.gal, nos teléfonos 981 95 72 68 e 981 54 53 61 ou no enderezo electrónico: vx.igualdade@xunta.gal

-PERRO Nº: 12 (público. 20/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioG0762-261224-0001_gl.pdf

es_ESES