Ministerio de Cultura, Lengua y Juventud
Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).
BDNS (Identif.): 808316.
Objeto
Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, integrados no proxecto piloto Talento interxeracional, cuxa finalidade é aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias implicadas para contribuír á modificación da estrutura poboacional, tratando de aumentar a taxa de poboación nas zonas rurais, ofrecendo oportunidades vitais axeitadas ás necesidades reais do medio rural e a mellorar as condicións de vida e os servizos sociais e asistenciais de proximidade mediante un modelo planificado de recuperación económica onde se poidan desenvolver proxectos vitais con certas garantías de futuro e permanencia coa axuda da tecnoloxía e da innovación.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que a seguir se relacionan:
a) As entidades locais ou agrupacións delas que teñan a consideración de entidades locais de carácter rural e que desenvolvan proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural enmarcados no proxecto piloto Talento interxeracional a que se fai referencia no artigo 1 da orde.
Para os efectos da orde, considéranse entidades locais de carácter rural aqueles concellos que contan con algunha zona, a nivel de parroquia, con baixa densidade de poboación (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística GU2016 (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Teñen a consideración de entidades locais de carácter rural todos os concellos galegos, agás os concellos de Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.
b) As entidades de acción voluntaria de carácter asociativo que desenvolvan proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural enmarcados no proxecto piloto Talento interxeracional a que se fai referencia no artigo 1 da orde.
Estas deberán desenvolver os ditos proxectos en calquera dos concellos galegos que teñan a consideración de entidade local de carácter rural consonte o disposto na letra a), sen necesidade de que a súa actividade principal ou sede social radique nalgún deles.
Proxectos subvencionables e liñas obxecto de subvención
1. Para teren a consideración de subvencionables os proxectos deberanse desenvolver coa participación de persoas voluntarias a través de grupos interxeracionais, que estarán integrados por un sistema de parellas. Cada parella estará formada por una persoa voluntaria de 55 anos ou máis e unha persoa voluntaria de 16 a 35 anos, sen prexuízo de integrar outras idades ata os 54 anos. A persoa voluntaria de 55 anos ou máis encargarase de titorizar a persoa voluntaria de 16 a 35 anos coa que forma o grupo interxeracional.
Ademais, as actuacións teñen que ir dirixidas a un ou varios dos seguintes obxectivos no ámbito territorial definido por concellos de carácter rural:
a) Deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa.
b) Recuperación e/ou renovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
c) Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sustentables de cara á súa proxección no mercado.
d) Recoñecemento e posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
e) Deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
2. Ademais do indicado no número anterior, para ter a consideración de subvencionables os proxectos non poden ser iguais aos presentados pola mesma entidade, no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado, e deberán desenvolverse integramente no ámbito territorial de entidades locais de carácter rural, entendendo por tales as que se indican no artigo 3 da orde.
3. Igualmente, para ter a consideración de subvencionables, os proxectos deberán contar cun mínimo de 4 persoas voluntarias e, de ser o seu número superior, a subvención prevista na orde só abranguerá 14 das persoas voluntarias que participen no proxecto sen prexuízo do disposto no punto 4 do artigo 4 da orde.
A participación de cada persoa voluntaria vai estar comprendida entre os 15 e os 60 días, sempre e cando non se superen as 6 horas diarias.
4. Son liñas subvencionables e, por tanto, nas cales deberán desenvolverse os proxectos que se presenten, as seguintes:
a) Liña 1. Coidados.
b) Liña 2. Agroalimentaria.
c) Liña 3. Protección do medio ambiente.
d) Liña 4. Turística.
e) Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital.
Otros datos
A execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural terá lugar desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2025.
Para ter acceso á subvención requírese obter un mínimo de 50 puntos na avaliación técnica dos proxectos. Unha vez esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen subvención aínda que conten con 50 puntos ou máis pasarán a formar parte dunha lista de espera, que seguirá a orde de prelación establecida e á cal se acudirá no caso de producirse a renuncia dalgunha das subvencións concedidas.
A contía da axuda por proxecto será de 15.000 € para un proxecto en que participe o número mínimo de persoas voluntarias que se prevén na orde; o dito importe incrementarase linealmente atendendo ao número de persoas voluntarias previstas no proxecto ata a contía máxima de 25.000 €, que correspondería a un proxecto en que participen 14 persoas voluntarias.
No caso de presentación por máis dunha entidade local conxuntamente baixo calquera formula (agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar) ou por entidades locais que sexan resultado dunha fusión doutras anteriores, os anteriores importes serán de 36.000 € para proxectos co número mínimo de persoas voluntarias previsto na orde, que se incrementaría linealmente ata os 60.000 € para un proxecto en que participen un total de 42 persoas voluntarias.
Fecha límite de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Más información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 808316): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-A instrución do procedemento corresponderalle ao servizo competente en materia de voluntariado e participación da dirección xeral competente en materia de voluntariado da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
-PERRO Nº: 8 (público. 14/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioG0766-191224-0001_gl.pdf