Axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional

O prazo de solicitude remata o 19/07/2024

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da resolución, do 13 de maio de 2024, da Presidencia do Consello Superior de Deportes pola que se convocan axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais no ano 2024, para obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

Obxecto e finalidade

Esta convocatoria de axudas está destinada única e exclusivamente á realización de obras de adecuación deportiva en instalacións deportivas preexistentes.

Non serán subvencionables as obras de nova planta.

Beneficiarios

As corporacións locais e empresas públicas municipais que realicen ou realizasen obras en infraestruturas deportivas entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, relacionadas coa celebración posterior ás citadas obras de competicións de carácter internacional no ano 2024 ou posteriores.

Bases reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, publicada no BOE núm. 301, do 15 de decembro de 2012.

Contía

O importe máximo destinado a financiar as axudas é de 555.160 euros.

Gastos subvencionables

As entidades solicitantes das axudas deberán presentar unha única solicitude. Cada solicitude poderá conter un ou varios proxectos para os que se solicite financiamento, podendo englobar unha ou varias das categorías de gastos indicadas a continuación:

Gastos de investimentos:

1. Adecuación e melloras de espazos e instalacións deportivas.

2. Adecuación de vestiarios e outros espazos complementarios de apoio á actividade deportiva, como ximnasios, salas de readaptación e enfermería, así como residencias e salas destinadas á formación.

3. Adecuación, adaptación e melloras das instalacións cuxo resultado implique unha mellora na consecución dos obxectivos de transición ecolóxica, dixitalización, igualdade e inclusión, accesibilidade e/o seguridade nas instalacións.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte á publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 768813): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/768813

-No Consello Superior de Deportes.

-BOE Nº. 148 (19 xuño 2024) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/19/pdfs/BOE-B-2024-22844.pdf

-BOE Nº. 301 (15 decembro 2012)  – BASES REGULADORAS: https://www.boe.es/boe/dias/2012/12/15/pdfs/BOE-A-2012-15180.pdf

gl_ESGL