O proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente e a súa ferramenta web Aldeas Vivas, contribúen a xerar un ecosistema de oportunidades de innovación para a transformación das aldeas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía.
Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente é un proxecto financiado pola Secretaría General para el Reto Demográfico – Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Goberno de España
Convocatoria | Orden TED/1358/2021, de 1 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones para la financiación de proyectos innovadores para la transformación territorial y la lucha contra la despoblación. |
Beneficiario | Federación Galega de Municipios e Provincias |
Investimento total | 225.697 € |
Importe da axuda | 205.179 € |
Período de execución | Abril 2023 – Decembro 2024 |
Ámbito territorial | GDR3 Montes e Vales Orientais |
Entidades Locais | Baleira Baralla Becerreá Cervantes A Fonsagrada Láncara Meira Navia de Suarna Negueira de Muñiz As Nogais A Pontenova Pedrafita do Cebreiro Ribeira de Piquín Pol |
Obxectivo xeral
Xerar un ecosistema de innovación transversal e integral de dinamismo económico e demográfico na comarca de Montes e Vales Orientais de Lugo dirixido á transformación das aldeas e vilas en espazos para a vida, o emprego, a autonomía e a felicidade.
Obxectivos específicos
- Posta en marcha do Centro Comarcal de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS).
- Infraestrutura básica de recursos humanos para o desenvolvemento intelixente do territorio.
- Infraestrutura básica de recursos humanos para o desenvolvemento intelixente do territorio.
- Proxecto Piloto Video Asistencia Socio-sanitaria a Maiores.
- Utilización das tecnoloxías dixitais, como a videoasistencia, para ofrecer novos servizos ás persoas maiores que permitan alongar a súa estancia no seu domicilio cunha adecuada calidade de vida, e dinamizar económica e demográficamente o territorio xerando emprego entre a poboación máis vulnerable en materia laboral como por exemplo a mocidade, mulleres, persoas migrantes, parados/as de longa duración entre outros.
- Xeración de infraestruturas públicas de conectividade necesarias para garantir o acceso universal aos servizos públicos dixitais evitando a exclusión dixital, e para facilitar a xestión intelixente de infraestruturas e servizos municipais.
- Integración de poboación na comarca de Montes e Vales Orientais.
- Promoción da dispoñibilidade de vivenda de alugueiro para permitir a permanencia dos mozos no territorio e o asentamento de novos poboadores, mediante un plan específico de retención, captación e integración de poboación no territorio.