Axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade

O prazo de solicitude remata o 16/07/2024

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da Resolución do 13 de xuño de 2024, a Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade. Convocatoria 2024.

Obxecto

Convocar axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas a promover agrupacións de centros educativos públicos, para a posta en marcha de proxectos comúns que favorezan a sustentabilidade, a educación inclusiva e a innovación educativa, durante os cursos escolares 2024-2025 e 2025-2026.

Beneficiarios

As axudas están dirixidas a centros educativos públicos, incluídos os centros de educación especial, situados en territorio nacional, que impartan algún dos seguintes ensinos: educación infantil, os ensinos que constitúen a educación básica, os ensinos que constitúen a educación secundaria postobligatoria, a educación de persoas adultas e os ensinos de réxime especial.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio) de bases reguladoras da concesión de Subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Educación.

Contía

1. O importe total máximo destinado a esta convocatoria será de 2.250.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 18.04.322L.489.06.

2. Do importe total destinaranse 2.000.000 euros para a modalidade A e 250.000 euros para a modalidade B. Con todo, o importe destinado á modalidade A poderá ampliarse no caso de que se produza un remanente da modalidade B, e viceversa.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación do presente extracto no Boletín Oficial do Estado e finalizará ás 12:00 horas (horario peninsular) do día 16 de xullo de 2024.

Más Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 768857): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/768857

 -No Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. -BOE Nº. 148 (19 xuño 2024) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/19/pdfs/BOE-B-2024-22846.pdf

gl_ESGL