Axudas do Certame Nacional da Mocidade Emprendedora

O prazo de solicitude remata o 12/07/2024

Ministerio de Mocidade e Infancia

Extracto da Resolución do 7 de xuño de 2024 da Dirección Xeral do Instituto da Mocidade pola que se convoca as axudas do Certame Nacional da Mocidade Emprendedora.

Finalidade

Apoiar á mocidade que lidera proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.

Beneficiarios

Mozos e mozas de nacionalidade española e aqueles con residencia legal en España, persoas físicas ou xurídicas.

Cando se trate de persoas físicas, estas deben ter residencia legal e permiso de traballo en España e non superar a idade de 35 anos na data límite da presentación das solicitudes.

Cando o proxecto sexa realizado por unha persoa xurídica, a solicitude debe ser presentada polo representante legal da devandita persoa xurídica, quen en ningún caso debe superar os 35 anos. Así mesmo, o capital social debe pertencer maioritariamente (51%) a mozos/as que non superen os 35 anos.

Bases reguladoras

Orde SSI/1449/2015, do 13 de xullo, publicada no BOE do 18 de xullo de 2015; e Orde SCB/809/2018, do 20 de xullo 2018 que modifica a anterior, publicada no BOE do 30 de xullo de 2018.

Importe

A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeiros seleccionados é de 20.000€.

Outros datos

A axuda concederase en réxime de pago anticipado. Xunto á solicitude presentarase unha memoria do proxecto de empresa que levan a cabo cos apartados que se indican na convocatoria. O domicilio social e o ámbito de realización da actividade principal do proxecto que se presente deben estar, en todo caso, en territorio español. O Certame ten como finalidade apoiar proxectos innovadores, polo que só se consideran aqueles que acheguen ese carácter. A contía da axuda económica concedida deberá ser xustificada no prazo máximo de tres meses a partir de cumprirse un ano do pago da mesma. Os gastos xustificables só serán os realizados durante ese ano e imputados nalgún ou en todos os conceptos que se indican na convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 767728): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/767728

-Na Dirección Xeral do Instituto da Mocidade (Ministerio de Mocidade e Infancia). -BOE Nº. 144 (public. 14/06/2024) –  https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/14/pdfs/BOE-B-2024-21986.pdf

gl_ESGL