Axudas do programa Bono Cultural Mocidade 2024

O prazo de solicitude remata o 16/09/2024

Ministerio de Cultura

Extracto da Orde do 4 de xuño de 2024 pola que se convoca o procedemento para a concesión das axudas do programa Bono Cultural Mocidade 2024.

Obxecto

A obtención da axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Mocidade, que se abonará en tarxetas prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías e cos límites máximos que se indican:

Un máximo de 200 euros para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais, que inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais e espectáculos taurinos.

Un máximo de 100 euros para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray.

Un máximo de 100 euros para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias as persoas mozas que cumpran 18 anos en 2024 e que posúan a nacionalidade española ou residencia legal en España. Igualmente, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo en España; quen solicitase protección temporal; e persoas estranxeiras extuteladas en trámite de obtención do permiso de residencia legal en España.

Bases reguladoras

Real Decreto 191/2023, do 21 de marzo, polo que se establecen as normas reguladoras do Bono Cultural Mocidade.

Contía

A contía máxima destinada a financiar a axuda do Bono Cultural Mocidade ascende a 130.000.000 de euros, cun importe de 400 euros por persoa beneficiaria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo iniciarase o mesmo día da publicación do presente Extracto no Boletín Oficial do Estado e finalizará ás 23:59 horas do 16 de setembro de 2024.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 768245): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/768245

-Na Subsecretaría de Cultura (Ministerio de Cultura).

-As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Mocidade de 2024 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos, de conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e o artigo 10.3 do Real Decreto 191/2023, 21 de marzo cumprimentando o formulario dispoñible na plataforma web https://bonoculturajoven.gob.es

-BOE Nº. 146 (public. 17/06/2024) –  https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/17/pdfs/BOE-B-2024-22582.pdf

gl_ESGL