Instituto Galego de Promoción Económica
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incrementar a capacidade innovadora das pemes e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.
Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:
Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.
Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.
Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.
Importe
Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 por un importe de 4.000.000 €, e coa seguinte distribución plurianual:
Liña 1: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.
Liña 2: 1.000.000 € no ano 2025 e 1.000.000 € no ano 2026.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo dun mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 808279): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio
-No Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE): https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
-DOG Nº: 8 (public. 14/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioO92-090125-0003_gl.pdf