Axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2024

O prazo de solicitude remata o 12/07/2024

Ministerio de Cultura

Extracto da Resolución do 17 de xuño de 2024, do Organismo Autónomo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2024.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2024 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario e iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 da Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto:

a) As Comunidades Autónomas e os organismos e entidades delas dependentes.

b) As entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e os organismos e entidades delas dependentes.

c) As persoas xurídicas con residencia legal ou establecemento en España no momento da percepción efectiva da axuda.

d) As persoas físicas. 

Bases reguladoras

Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema (BOE Nº. 197, publicado o 18 de agosto de 2021).

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de 1.977.750 euros.

A contía individual de cada axuda, cun límite máximo de 120.000 euros para festivais ou de 100.000 euros no caso de que se trate dunha cerimonia de entrega de premios, non poderá superar o 50% da suma total de determinados gastos de preparación, organización, funcionamento e promoción do festival ou certame, así como os medios técnicos e recursos investidos para impulsar a accesibilidade universal e a dobre transición ecolóxica e dixital do festival ou certame. Serán considerados subvencionables sempre que de forma indubitada estean relacionados con el, resulten estritamente necesarios e estean vinculados á edición que se celebre en 2024.

Prazos de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Más Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 769248): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/769248

-Na Dirección Xeral do Ministerio de Cultura.

-BOE Nº. 150 (21 xuño 2024) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/21/pdfs/BOE-B-2024-23129.pdf

-BOE Nº. 197 (18 agosto 2021)  – BASES REGULADORAS: https://www.boe.es/boe/dias/2021/08/18/pdfs/BOE-A-2021-14030.pdf

gl_ESGL