Axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia

O prazo de solicitude remata o 30/09/2025

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT811C).

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT811C).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que acrediten a adopción dun animal doméstico de compañía abandonado que proveña dalgún dos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de se cumpriren con respecto ao animal obxecto de adopción os requisitos establecidos no artigo 24.2 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

Contía

O importe asignado é de corenta mil euros (40.000 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Outros datos

Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde os custos derivados da identificación, esterilización, desparasitación e vacinación, segundo proceda, que o propio centro de recollida ou un centro veterinario colaborador deste poida repercutir sobre quen adopte un animal doméstico de compañía abandonado acollido nun dos centros de recollida autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia no período comprendido desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambos incluídos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2025.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 810265): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio

-Na Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

-DOG Nº: 16 (public. 24/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0760-271224-0006_gl.pdf

gl_ESGL