Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Orde do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809E).
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT809E).
Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas:
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.
Ámbito temporal
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2024 ata o 10 de outubro de 2025.
Comunicación do dano
1. No prazo máximo de tres días á produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, en que se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.
2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois da cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural.
3. A partir do 11 de outubro de 2025, poderán realizarse comunicacións por danos de xabaril de acordo co establecido nos parágrafos anteriores, quedando condicionada a concesión de axudas a unha nova convocatoria no ano 2026.
Contía
O importe asignado é de dous millóns dezaoito mil cincocentos cincuenta e seis euros (2.018.556 €).
1. O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I da convocatoria.
2. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.750 €. No caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito á axuda máxima, é dicir, 2.750 €.
Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 802753): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
-DOG Nº: 245 (public. 20/12/2024) – BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241220/AnuncioG0760-041224-0004_gl.pdf