Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS)


Mediante o Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social (CIEPS) dótase ao territorio dunha infraestrutura de recursos humanos especificamente destinada a promover a innovación, o emprendemento e a participación social co obxectivo de impulsar dinamización socieconómica e demográfica do territorio do Xeodestino Ancares-Terras de Burón.

O seu labor, en coordinación e colaboración co GDR Montes e Vales Orientais enfócase en:

  • Promover o emprendemento asociado ás actuacións do proxecto e outras que se desenvolvan no territorio.
  • Informar e promover a transferencia de coñecemento e cooperación con entidades do sector, formar en emprendemento rural, facilitando o asesoramento administrativo, xurídico, financeiro, etc.
  • Atender e acompañar a novos poboadores, coordinándose cos concellos na procura de recursos habitacionais, de oportunidades laboráis ou no acceso aos de servizos públicos.
  • Fortalecer o tecido social e promover o voluntariado asociado aos servizos aos maiores.
  • Promover iniciativas de igualdade e inclusión social.
  • Identificar boas prácticas innovadoras desenvolvidas noutros territorios e transferilas ao territorio do Xeodestino Ancares – Terras de Burón.
  • Asesorar aos concellos como promotores de iniciativas de desenvolvemento socioeconómico e de transición ecolóxica no territorio.

Onde estamos?

Sede do GDR Montes e Vales Orientais. Casa do Concello de Baleira.

Rúa Dr. Escobar s/n, planta baixa.

27130 Baleira – Lugo

Contactános:

cieps.montes.vales@fegamp.gal
montes.vales.orientais@gmail.com
Formulario de contacto
982 355 290

gl_ESGL