Ministerio de Cultura
Extracto da Resolución do 25 de abril de 2025 da Secretaría de Estado de Cultura pola que se convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes, correspondente ao ano 2025.
BDNS (Identif.): 830573.
Obxecto
Incentivar as accións de animación á lectura dirixidas a todos os veciños, con especial atención a colectivos con dificultades para o acceso á lectura, en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma respectiva e realizadas por bibliotecas públicas de municipios con menos de 50.000 habitantes.
Beneficiarios
Concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública.
Bases reguladoras
Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas do Ministerio de Cultura en réxime de concorrencia competitiva.
Contía
O importe total da convocatoria é de 1.100.000 euros.
As dez bibliotecas que obtivesen a mellor puntuación recibirán un premio de 10.000 euros.
Os 360 proxectos seguintes por orde de puntuación recibirán un premio por un importe individual de 2.777,77 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
Quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 830573): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/830573
-Na Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura (Ministerio de Cultura).
-BOE Nº: 111 (public. 08/05/2025) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2025/05/08/pdfs/BOE-B-2025-16420.pdf