Ministerio de Facenda
Extracto da resolución do 23 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Fondos Europeos pola que se aproba a convocatoria para a asignación de senda financeira FEDER a Plans de Actuación Integrados de entidades locais, no marco do desenvolvemento urbano sostible, con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no período de programación 2021-2027.
Obxecto
A presente resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para a asignación de senda financeira FEDER aos Plans de Actuación Integrados seleccionados no marco do desenvolvemento urbano sostible, materializando as previsións de financiamento programadas na prioridade 2c e o Obxectivo Específico 5.1. do Programa Plurirregional de España (en diante POPE).
Baixo o marco dos regulamentos da Unión Europea, a finalidade é o financiamento dos Plans de Actuación Integrados seleccionados que promovan o desenvolvemento urbano sostible desde a tripla perspectiva ambiental, económica e social e redunden nunha mellor calidade de vida para a cidadanía.
Beneficiarios
1. Poderán concorrer á convocatoria todas as entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, que reúnan os requisitos recollidos no artigo 5 e no Anexo I da Orde de bases.
2. Os municipios só poderán solicitar un Plan de Actuación. As entidades locais supramunicipais mencionadas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, poderán presentar máis dun Plan e ser beneficiarias de máis dunha senda financeira na mesma ou distinta categoría, a condición de que a área de actuación non sexa coincidente con outro Plan xestionado pola mesma ou outra entidade.
3. Dentro dun mesmo termo municipal só poderán actuar como máximo dous Plans seleccionados, sendo un de ámbito municipal (cidade grande ou intermedia) e outro de ámbito supramunicipal solicitado por outra entidade local, e sempre que as actuacións previstas nos devanditos plans non conflúan nun mesmo ámbito, obxecto e obxectivo.
Bases reguladoras
Orde HAC/1072/2024, do 2 de outubro, pola que se aproban as bases reguladoras para a asignación de senda financeira FEDER a Plans de actuación integrados de entidades locais, no marco do Desenvolvemento Urbano Sostible, con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no período de programación 2021-2027. Publicada no B.O.E. núm. 242 do 7 de outubro de 2024.
Contía
1. A selección dos Plans de Actuación Integrados beneficiarios da senda FEDER realizarase mediante un procedemento de concorrencia competitiva, atendendo aos requisitos e criterios de valoración establecidos na Orde de bases.
2. Ás entidades beneficiarias asignaráselles unha senda financeira entendida como unha dotación financeira provisional anualizada de axuda FEDER con cargo ás previsións de financiamento da prioridade 2C e do OE 5.1 do Programa Plurirregional de España 2021-2027, e en atención ás condicións e criterios recolleitos no artigo 3 da Orde de bases.
3. A presente convocatoria realízase pola senda financeira FEDER prevista na programación na prioridade 2c e o Obxectivo Específico 5.1. do POPE e sobre a repartición rexional estipulada no artigo 3.2 da Orde de Bases.
4. Como regra xeral, aos Plans seleccionados en cada categoría de beneficiario asignaráselles a senda financeira equivalente a axúdaa FEDER que permita cubrir o orzamento máximo de gasto previsto en cada Plan, tendo en conta os límites establecidos para cada categoría no artigo 7.1 da Orde de bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes poderanse presentar desde as 9:00 horas do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións, ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2025. O horario oficial de presentación de solicitudes será o correspondente á península.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 805218): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/805218
-Na Dirección Xeral de Fondos Europeos (Ministerio de Facenda).
-BOE Nº. 314 (30/12/2024) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/12/30/pdfs/BOE-B-2024-47673.pdf