“Navia, un lugar de poesía, un lugar para vivir, un lugar para crear”.
O pasado sábado día 28 de setembro tivemos a oportunidade de colaborar coa A.V. Irmandade Naviega no “I Encontro de Artistas SOS Castelo de Navia”. Esta iniciativa está desenvolta no marco do proxecto “Aldeas Vivas, Territorio Rural Intelixente – Montes e Vales Orientais”.
Ao longo da xornada fotógrafos e pintores fixeron un traballo de campo pola Proba de Navia e arredores, participamos nun coloquio sobre o papel da cultura na rexeneración do rural, asistimos a un recital poético e pechouse a xornada con música de Vadim Yuknevich.
Na pausa para o xantar puidemos desfrutar de produtos de Cociña de Ancares Terras de Burón no Meiroi .