Ferramentas e Informes


Recursos e Ferramentas

Sistema Integrado de Datos Municipales

Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Ferramenta de visualización de datos que pon a disposición de investigadores, responsables políticos e do público en xeral unha colección de indicadores e datos de diferentes temáticas a nivel municipal co obxectivo de facilitar o acceso á información o máis detallada posible sobre o estado de situación do territorio.

Permite ao usuario acceder de dúas formas diferentes:

1. A través dos seis bloques temáticos dispoñibles: demográfico, xeográfico, económico, servizos, vivenda e medioambiental. Ademais, esta información tamén pode visualizarse en mapas de nivel provincial, autonómico e nacional.

2. Realizando consultas personalizadas a través dunha ferramenta de análise que permite o usuario coñecer, mediante a aplicación de filtros, cales son todos os municipios do territorio español que cumpren cos criterios seleccionados. 

Geoportal

Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Nesta páxina móstranse de forma sinxela e divulgativa as variables e dimensións máis importantes referidas ao Reto Demográfico. A despoboación, o reto demográfico en perspectiva europea, a lonxevidade e o envellecemento, a infancia e xuventude no territorio, a conectividade nas áreas rurais, entre outras para un acercamento máis doado a unha materia tan complexa. Fontes: INE, EUROSTAT e IGN.

Sistema Estatal de Referencia de Precios de Alquiler de Vivienda

Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana

O sistema ofrece un rango de valores de prezos de aluguer de vivendas, como referencia, a título orientativo, para a fixación da renda nos novos contratos de arrendamento de vivenda. En zonas de mercado residencial tensionado, declaradas de acordo coa Ley 12/2023, de 24 de mayo, por el derecho a la vivienda, o valor superior do rango marcará o límite do prezo da renda, nos novos contratos de aluguer de vivenda de grandes propietarios, así como en todos os novos contratos de aluguer de vivendas situadas en ditas zonas tensionadas, que non foran arrendadas nos últimos cinco anos.

Oficina Económica de Galicia

Máis de 100 persoas expertas/colaboradoras con ampla experiencia atendendo, apoiando e acompañando iniciativas produtivas.

Biblioteca. Informes e estudos

Ministerio para la Transición Demográfica y el Reto Demográfico (MITECO)

Informe sobre la despoblación en España
Cartografía

Dende 2010 ata 2019, rexístranse, por vez primeira, taxas de crecemento anual negativo, a poboación mantense en torno aos pouco máis de 47 millóns de habitantes. Aumentan os municipios que perden poboación, ademais, xeralízase a perda demográfica para todos os tipos de poboamento, a despoboación deixa de ser un proceso vinculado unicamente ás áreas rurais para converterse nun fenómeno moito máis xeneralizado, que afecta tamén, de forma moi intensa as cabeceiras comarcais e, incluso as cidades pequenas e as capitais de provincia, xa que perden poboación nesta década case a metade das áreas urbanas, máis da metade das capitais de provincia, máis do 60% das cabeceiras comarcais e o 83,4% dos municipios das áreas rurais.

Informe de estrutura demográfica
Cartografía

En España hai 9.057.193 persoas maiores de 64 años, o 19,3% da poboación. A isto hai que sumar o sobreenvellecemento, isto é, que case unha terceira parte dos maiores de 65 anos é maior de 80 anos. Nas zonas rurais o 24,8% (1.538.496) das persoas superan esta idade, é dicir, un de cada catro habitantes é maior de 65 anos. Nos 5.000 municipios con menos de 1.000 habitantes, a porcentaxe de maiores de 64 anos alcanza o 31%. A idade media da poboación española en 2020, chega a 43,6 anos, case 4 anos máis que a rexistrada no ano 2001. A variación na idade mediana é aínda maior, pasando de 37,6 no ano 2001, a 44,3 no 2020. Sendo, ambas idades, maiores para o caso das mulleres, debido á maior esperanza de vida.

Informe sobre movimientos temporales de población en España
Cartografía

Os riscos demográficos en España non só derivan da perda de poboación e o envellecemento, senón que, nunha parte significativa do territorio, refírense á dificultade para a prestación de servizos e a xestión de equipamentos e infraestruturas pola chegada de numerosa poboación estacional. Os efectos da poboación flotante poden relacionarse con variables como a poboación vinculada, coa poboación máxima estacional, así como cos datos das enquisas de turismo de España.

Brecha digital, rural y de género.
Red Europea de lucha contra la pobreza y la exclusión social

O uso das TIC nos fogares por parte da poboación en xeral aumentou de modo constante, aínda que seguen existindo importantes eivas no caso das mulleres. A fenda dixital de xénero é a diferencia entre os coñecementos e o acceso ás TIC de homes e mulleres de homes e mulleres. Unha fenda que afecta máis á poboación das zonas rurais que á de núcleos urbanos debido á falta de infraestruturas de calidade e de acceso, especialmente entre as mulleres de máis idade que teñen menos oportunidades de formarse e aprender novas habilidades e competencias. Como resultado, as mulleres vense encamiñadas aínda máis á pobreza e teñen menos voz, ou están infrarrepresentadas nas nosas sociedades. Este informe estuda o enfoque de xénero aplicado ás políticas de transformación e educación dixital por parte das comunidades autónomas observando un escaso peso desta maioría.

130 Medidas Frente a la Despoblación
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Por primeira vez, a acción de Goberno conta con un programa transversal de actuación en materia de reto demográfico e loita contra a despoboación, resultado da acción coordinada de todos os departamentos ministeriais. Este Plan 130 constitúe unha prioridade de actuación dentro da política aceleradora Cohesión social y territorial. Este plan está completamente aliñado plenamente co Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia, e os seus catro eixos prioritarios, para garantir a incorporación dos pequenos municipios nunha recuperación verde, dixital e inclusiva. As diferentes medidas teñen como obxectivo mellorar a cohesión territorial do país, eliminar a fenda urbano/rural e impulsar as actuacións nas áreas máis afectadas pola desigualdade: os pequenos municipios e o conxunto das áreas rurais.

gl_ESGL