Detalles
Tipo vivenda: Vivenda
Enderezo vivenda: Boel, Parroquia de Santalla.
Referencia Catastral: ACF
Entrar a vivir: Sí
Auga corrente: Sí
Tipo de calefacción: Chimenea, Gasóleo
Vinculado a exploración agropecuaria: Non
Descrición: A vivenda conta cunha superficie construída de 300 m² distribuídos en dúas plantas. Na planta baixa dispón de baño completo, cociña amoblada, dous dormitorios, salón-comedor e adega. Na planta superior atópanse outra zona de cociña e salón, baño completo, catro dormitorios, terraza e despensa. Reformada recentemente nos anos 2013 e 2016, substituíronse todas as ventás por outras máis modernas equipadas con mosquiteras, instalouse tarima flotante na planta superior e renováronse as instalacións de calefacción, auga e luz, ademais do mobiliario. Así mesmo, actualizouse a pintura interior e exterior, garantindo un aspecto fresco e coidado.
En canto ao equipamento, a propiedade está dotada de caldeira de gasóleo para calefacción e auga quente, aire acondicionado no salón da planta superior, chimenea para un ambiente máis acolledor e electrodomésticos novos. O tellado atópase en excelente estado.
Na parcela, o chalé conta cun garaxe independente, construcións complementarias como un leñeiro e pequenas cortes ideais para animais ou para almacenaxe, unha horta para quen goza do cultivo e unha zona de relax equipada cunha grella, perfecta para reunións familiares ou con amigos.
Distancia centro ensino (km): ACF
Distancia centro saúde (km): ACF
Información adicional: Situada nun enclave natural único, a propiedade ofrece vistas despexadas e un ambiente de absoluta tranquilidade, sendo ideal tanto como residencia principal, casa de descanso ou investimento para turismo rural. Este chalé combina funcionalidade, comodidade e un entorno privilexiado.
Para máis información ou para concertar unha visita:
https://www.asesoriamel.es/servizos-de-inmobiliaria/266-casa-en-boel-ribeira-de-piquin