O mes pasado organizamos xunto con Alkimias Tres Herbas un taller de preparados menciñais naturais que foi todo un éxito de participación dentro da Rede de Mulleres .
Coas formadoras puidemos aprender a identificar plantas silvestres presentes na natureza da montaña e preparar con elas remedios naturais como ungüentos, pasando por todos os puntos do proceso: dende a recolección ata as receitas finais, indicando como se deben conservar.
Se ti non puideches asistir, nesta ligazón deixámosche un manual para aprender a realizar os preparados: https://www.montesevalesorientais.gal/…/Obradoiro…
Grazas ás participantes, ás integrantes de Alkimias Tres Herbas e ao Concello da Fonsagrada pola cesión do espazo