Agulla de Tenreira Galega Suprema con óso – O Sabor dos Ancares

A agulla é a parte posterior do pescozo, cortado coa parte proporcional do óso do espinazo, o cal achega un excelente sabor.

Ten unha textura que a converte en perfecta para estofar, facela ao forno ou para carne ó caldeiro.

Presentación nun anaco único.

Descripción

A agulla de tenreira con óso é unha carne moi tenra e saborosa, con terminacións nerviosas e xelatinosas, que lle dan ese sabor inconfundible.

Poderás conservar a agulla na neveira durante unha semana despois de recibir o pedido ou conxelala na mesma bolsa na que cha mandamos, xa que a carne de tenreira non perde propiedades nin sabor no conxelador.

O manexo tradicional no que se crían os nosos becerros, cunha alimentación completamente natural (leite materno e produtos cultivados polos nosos cooperativistas) é o segredo do sabor e calidade de todos os nosos produtos, procedentes directamente dos pastos da serra dos Ancares.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.