Descripción
O Cachopo é unha receita tradicional Asturiana cada vez máis presente na nosa cociña.
O cachopo de tenreira de O Sabor dos Ancares é unha das novas delicias que poderás degustar na nosa tenda, mantendo toda a esencia da nosa carne, acompañada de produtos inmellorables.
Feito cos mellores ingredientes de proximidade e de calidade suprema: filetes de tapa, contra ou redondo de O Sabor dos Ancares (cortes supremos da tenreira), recheos con Queixo e Xamón Serrano , pan relado, sal e perexil.
• O Queixo, de orixe galego, está elaborado con leite de pastoreo de vacas que pacen en liberdade.
• O Xamón Serrano é un delicioso produto que se obtén a partir da salgadura e secado ao aire do pernil do porco.
Recibirás o cachopo de tenreira envasado ao baleiro como todos os produtos de O Sabor dos Ancares; recomendamos que o consumas nos 2 ou 3 días posteriores á súa recepción sen sacalo da bolsa na que chega.
Todos os nosos produtos son de Km 0, proveñen de produtores e produtoras responsables co medio que seguen mantendo manexos tradicionais do gando.
Lembra que comprando en O sabor dos Ancares fas posible un rural vivo na zona dos Ancares, mantendo a súa biodiversidade e encanto.


