Cadeira, Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

A cadeira é a parte máis alta da pata traseira, moi magra e branda. O seu uso máis habitual é para facer á prancha ou asada. Podes escoller recibila nun anaco único, fileteada ou estilo ragout, segundo as túas preferencias.

Descripción

Os filetes de cadeira que podes comprar online na nosa web son de Tenreira Galega Suprema, animais de entre 8 e 10 meses criados en liberdade e alimentados de xeito natural, co leite que maman da nai e complementando con outros produtos naturais como poden ser as patacas ou a remolacha.

Usos: filetes para prancha ou á grella. Tamén se pode empregar como carne para asar.

A carne que podes comprar na web O Sabor dos Ancares procede das explotacións gandeiras familiares que os cooperativistas de A Carqueixa xestionan na comarca dos Ancares, en Galicia. Esta procedencia é por si mesma unha garantía de calidade.

Todas as pezas de carne envíanse envasadas ao baleiro. Sempre e cando non se abra a bolsa, poden conservarse na neveira durante unha semana, sen perder o seu sabor e frescura.

Recomendación de conservación: a tenreira é unha carne que non perde propiedades ao conxelala. Por iso é aconsellable meter no conxelador os produtos que non vaias consumir inminentemente.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.