Descripción
No caldo galego de O Sabor dos Ancares atopamos suave e delicada verdura do momento (variando entre verza, grelo, nabiza ou repolo segundo a colleita), tenras fabas e pequenos anacos de patacas case desfeitas; froito da coción prolongada e pausada na auga das montañas dos Ancares, á que se lle engade un pequeno anaco de unto aportando un gusto enxebre único.
Esta cociñeira trasládanos á esencia das cociñas das nosas aldeas mediante un rico e reconfortante prato de culler con numerosas propiedades antioxidantes e antifloxísticas sobre o organismo. Unha receita das de toda a vida, que sabe e senta de marabilla.
Para desfrutalo só terás que quentalo, recomendámosche poñelo nunha pota durante 5 minutos ou tamén introducilo directamente 2-3 minutos no microondas, perforando previamente a tapa do noso recipiente.
Como todos os nosos pratos cociñados, está elaborado con produtos naturais e sen conservantes. Poderás consumilo ao longo de toda unha semana, sempre que estea sen abrir e no frigorífico, grazas ó seu envasado en bandexas termoseladas con atmosfera protectora (consultar data de caducidade no envase).
Recibirás o teu pedido nun transporte refrixerado desde a nosa cociña ata a túa porta. Tras abrir, conservar entre 0 e 4 ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.
Nesta cooperativa vendemos os nosos produtos directamente ó consumidor final, logrando así un desenvolvemento económico sostible na Serra dos Ancares lucenses, dignificando o traballo no rural de máis de 200 familias. Mercando Sabor dos Ancares, mercas produtos de calidade e defendes un xeito de vida.
Ingredientes
Auga, patacas, verzas, fabas, manteiga de porco, sal e óso de xamón.
Este prato pode conter outros alérxenos. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!
Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)
Valor enerxético – 182kj / 43,3 kcal
Graxas – 1,63 g (das cales, saturadas – 0,34 g)
Hidratos de carbono – 1,23 g (dos cales, azúcres 0,79 g)
Proteínas – 5,92 g
Sal – 0,67 g




