Callos con garavanzos – O Sabor dos Ancares

Os callos con garavanzos son unha das comidas típicas nas ferias dos Ancares. Nós quixemos mantener a receita tradicional.

Neste prato, apreciamos garavanzos suaves pero enteiros e anacos tenros de callos con textura xelatinosa inmersos nunha deliciosa salsa, resultado da suma dun saboroso sofrito de cebola, allo, pemento vermello e pementón, que lle da un regustiño picante moi característico.

  • Sen abrir, consérvanse 7 días (ver data do envase).
  • Listos para consumir. Quentar e desfrutar; no microondas (2-3 min) ou na pota ( 5 min).
  • Envíos en transporte refrixerado. Elaboramos e enviamos os martes para que o recibas os mércores.

Racións de 400 g/unidade aproximadamente.

Descripción

Elaborados cun combinado de ventre e pata procedentes de tenreiras das nosas ganderías familiares, localizadas no corazón verde da provincia de Lugo, que crían reses de xeito extensivo e con alimentación natural.

Cocidos a baixa temperatura durante máis de dúas horas, co cariño, a tranquilidade e o carácter propio da vida no rural. Un prato de culler exquisito, cunha textura e sabor únicos, a súa salsa lixeiramente espesa dunha cor alaranxada, xunto cuns garavanzos tenros e os seus callos esponxosos, non deixan indiferente a ninguén.

Consumir ben quente. Podes poñelo no microondas 2-3 minutos, nos nosos envases directamente perforando previamente a tapa, ou nunha pota durante 5 minutos.

Sen abrir manterase en perfectas condicións ao longo de toda unha semana no frigorífico, grazas ao envasado en bandexas termoseladas con atmosfera protectora (consultar data de caducidade no envase).

Unha vez aberto, conservar entre 0 e 4ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.

Ingredientes

Callos de vacún 70%, garavanzos 20%, aceite de oliva, cebola, allo, pemento vermello, pementón doce, pementón picante, fariña de millo, sal.

Este prato pode conter outros alérxenos. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!

Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético – 462kj / 111 kcal
Graxas – 7,31 g (das cales saturadas – 1,24 g)
Hidratos de carbono – 0,99 g (dos cales, azúcres 0,96 g)
Proteínas – 10,3 g
Sal – 1,11 g