Descripción
Os callos son un plato tradicional da cociña galega para os que o máis importante é conseguir unha boa materia prima e unha combinación de especias co punto picante que encaixe ben co paladar dos comensais.
O combinado de carne para callos da nosa web leva cortes do estómago da tenreira e cortes da pata. Unhas carnes da máxima calidade, que coma todas as que vendemos na web da nosa cooperativa, están certificadas co selo de Ternera Gallega Suprema.
Este selo, garantiza a procedencia de animais entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de xeito natural con produtos de proximidade.
Enviamos os callos limpos, troceados e envasados ao baleiro para que conserven todas as súas propiedades durante máis tempo. Neste mesmo envase, pódense conxelar para consumir noutro momento.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.





