Descripción
Enviamos o chuletón de tenreira de 1kg á túa casa envasado ao baleiro. Os chuletóns de O sabor dos Ancares son tenros e con moito sabor. Xunto co solombo e o entrecot, o chuletón é unha das carnes nobres e de categoría extra.
Somos cooperativistas que xestionamos pequenas explotacións gandeiras familiares, polo que a nosa produción de carne precisa uns tempos, os tempos da natureza. Por este motivo, limitamos a dispoñiblidade de produtos como o chuletón na web, É posible que ás veces o atopes esgotado ou non teñas dispoñibles todos os kilogramos que che gustaría, pero se precisas unha cantidade maior, ponte en contacto con nós para xestionalo. Podes contactarnos por email ou por WhatsApp.
Usos: o chuletón faise á grella ou á prancha, controlando o lume para darlle o punto axeitado para o gusto de cada comensal.
A través da nosa web podes comprar online chuletóns de tenreira que enviamos directamente á túa casa en transporte refrixerado e mantendo as máximas garantías de calidade. A carne das nosas explotacións familiares leva o selo de Ternera Gallega Suprema, que certifica que provén de animais de entre 8 e 10 meses, que foron criados en liberdade e o máis importante: que a súa alimentación é a base de produtos naturais (como o leite das nosas vacas).
Recomendación: podes comprar os chuletóns de tenreira e conxelalos na propia bolsa na que van envasados, deste xeito aseguras que conserven o seu sabor e propiedades. Nesta mesma embalaxe, pode conservarse na neveira durante uns sete días, sempre e cando non perda o baleiro.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.





