Churrasco de Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

O churrasco de tenreira é un corte da falda, no cuarto traseiro e que se emprega para facer á brasa ou á grella.

Descripción

O churrasco, ao igual que o resto da carne que vendemos na nosa web, ten o selo de Ternera Gallega Suprema. Este selo certifica a calidade da carne, pero tamén as súa orixe: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de xeito natural. O coidado e benestar animal, xunto ao entorno natural no que viven (pequenas explotacións gandeiras na Serra de Ancares, en Galicia), garantiza un sabor único. O auténtico sabor do churrasco.

Usos: a forma máis habitual de desfrutar desta peza de carne é á brasa, á prancha ou á grella, sendo recomendable non pasalo moito no lume. Coa calidade e o sabor da nosa carne, só é preciso engadir un pouco de sal para ter o churrasco perfecto.

Enviamos o churrasco en bolsas, envasado ao baleiro. Deste xeito pode conservarse na neveira durante aproximadamente unha semana (sempre e cando non se abra a bolsa). Se o consumo da carne non vai ser nos días seguintes a recibir o pedido, o churrasco de tenreira pode conxelarse directamente na embalaxe na que vai protexido (unha bolsa ao baleiro), porque así aguanta máis tempo sen perder sabor nin propiedades.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.