Descripción
A entraña de tenreira é unha peza dunha cor máis escura do que estamos afeitos a ver na carne de tenreira.
Está cuberta por unha membrana ou pel grosa por ambos lados que axuda a manter os zumes da carne, sobre todo se a cociñas á grella.
A entraña de O sabor dos Ancares, ao igual que ou resto da carne que vendemos na nosa web, ten o selo de Tenreira Galega Suprema. Este selo certifica a calidade da carne, pero tamén as súa orixe: animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade e alimentados de xeito natural.
O coidado e benestar animal, xunto ao entorno natural no que viven (pequenas familias gandeiras na Serra de Ancares, en Galicia), garante un sabor único.
O auténtico sabor da boa carne.
Enviamos todos os nosos produtos en bolsas, envasados ao baleiro; poden conservarse na neveira durante aproximadamente unha semana (sempre e cando non se abra a bolsa). Se o consumo da carne non vai ser nos días seguintes a recibir o pedido, podes conxelar directamente na embalaxe na que van protexidos (unha bolsa ao baleiro), porque así aguantan máis tempo sen perder sabor nin propiedades.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.





