Espaldilla de Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

A espaldilla está no cuarto dianteiro e é unha carne fibrosa, sen nervios agás un xelatinoso na parte central.

Descripción

A  espaldilla atópase no cuarto dianteiro do animal e cocíñase habitualmente asada ou estofada, porque ten coláxeno e graxa que lle dan textura e tenrura. Tamén é unha peza apropiada para facer tartar de tenreira ou fondue.

Enviamos a espaldilla de tenreira nunha peza única ou en anacos (estilo ragout) e envasada ao baleiro, deste xeito podes conservala na neveira durante unha semana despois de ter recibido o pedido.

A tenreira é unha carne que non perde propiedades ao ser conxelada, polo que se non vas consumila nos días seguintes a recibir o teu pedido, podes conxelar a espaldilla de tenreira na propia bolsa que a enviamos para que se conserve durante máis tempo.

O sabor dos Ancares, é froito do traballo dos nosos cooperativistas, que crían os animais en liberdade nos Ancares, en Galicia. O selo de Ternera Gallega Suprema, avala que a carne comercializada é de animais de entre 8 e 10 meses, que se alimentan do leite da nai, complementando con produtos naturais como a remolacha ou as patacas.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.