Falda de Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

A falda é unha peza de carne do cuarto traseiro e que se emprega para cocer (carne ao caldeiro) ou asar. Podes seleccionar se queres que a enviemos nun único trozo ou en anacos.

Descripción

A falda de tenreira galega ten máis tecidos nerviosos que o resto da carne, por iso é unha peza tenra e saborosa. Unha das formas máis habituais de cociñala é cocida (carne ao caldeiro) ou ao forno.

Enviamos a falda nunha única peza ou en anacos, envasada ao baleiro. Deste xeito pode conservarse aproximadamente unha semana, sen abrir a bolsa. De todos xeitos, é recomendable que se o consumo da carne para asar non vai a ser nos días posteriores a recibir o pedido, esta se meta no conxelador. A tenreira é un tipo de carne que soporta moi ben o conxelado, sen perder propiedades.

O noso sistema de envío refrixerado, garante que poidas dispoñer de carne de calidade na túa mesa, procedente dos Ancares, en Galicia. As nosas explotacións gandeiras cumpren os esixentes estándares do selo Ternera Gallega Suprema. Isto significa que procede de animais de entre 8 e 10 meses, criados en liberdade en Galicia e alimentados con produtos de procedencia natural.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.