Descripción
O filete ruso de O Sabor dos Ancares é unha das novas incorporacións á nosa tenda, resultado da combinación da nosa carne de tenreira galega suprema con produtos coidadosamente seleccionados para manter a esencia e calidade que nos caracterizan.
Constituído por un 70% de carne de tenreira galega suprema mesturada cun 20% de carne de porco coidadosamente seleccionada e recheo de 15 gramos de xamón cocido e de 15 gramos de queixo de primeira calidade, ademais de allo, pan relado e perixel. Unha receita ideal para conquistar a todos os públicos, dende os máis cativos ata os máis adultos.
Para o seu consumo recoméndase cociñalos completamente, nun período comprendido entre os 2 e 3 días posteriores á súa entrega. Pódense consumir tanto quentes coma fríos, xa que quedan moi zumarentos, polo que son ideais para levar de excursión.
A súa entrega realízase cos filetes envasados ao baleiro, do mesmo xeito que o resto dos produtos de O Sabor dos Ancares e, ata que non se vaian cociñar, recoméndase non sácalos da bolsa para favorecer a súa perfecta conservación.
Comprometidos cunha alimentación de calidade, todos os nosos produtos son respetuosos e responsables co medio ambiente, favorecendo o mantemento das prácticas tradicionais de gandaría extensiva que tan bos efectos teñen na conservación da biodiversidade e do medio ambiente.
Comprando en O Sabor dos Ancares contribúes a manter un rural vivo na Comarca dos Ancares, favorecendo o mantemento da súa biodiversidade e encanto.


