Descripción
A lingua de tenreira é un alimento de gran densidade nutricional e de baixo contido calórico polo que pode formar parte de unha dieta sa e equilibrada.
A lingua é unha das partes da tenreira menos consumidas e para a animar aos que non a coñezan a que a proben, contámosche varias formas caseiras de preparala; Unha das mellores maneiras é guisada con salsa ou cocida, con abundantes verduras, herbas aromáticas, viño… tamén rebozada en láminas finas.
Esta parte da tenreira é sempre unha grata sorpresa, que non decepcionará nin aos paladares máis exquisitos.
A nosa lingua de tenreira de O Sabor dos Ancares procede dunha alimentación 100% natural e responsable co medio ambiente; Non deixes de engadila á túa cesta. Enviaremoscha envasada ao baleiro, en unidades de 750 g aproximadamente.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.





