Llana, Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

A llana de Tenreira Galega Suprema é unha carne magra, moi saborosa e de calidade.

Recibirás esta peza envasada ao baleiro para unha mellor conservación na neveira durante os días seguintes á súa recepción.

Descripción

A llana de tenreira forma parte da espaldiña. Atópase no cuarto dianteiro, no centro da paleta.

Esta peza, de forma plana e cuberta por unha tea branca chamada tez, é unha carne fibrosa e sen nervios, excepto un xelatinoso na parte central.

Ten gran cantidade de coláxeno e unha boa proporción de graxa, polo que cociñada a lume lento, resulta moi tenra e zumarenta.

Normalmente emprégase en guisos, asados, ragú ou steak tartar.

Igual que o resto dos nosos produtos, a llana de tenreira procede de animais criados en liberdade e coa garantía do selo de Tenreira Galega Suprema.

A xestión dos cooperativistas da Carqueixa nos Ancares é  100% responsable co medio e cos seus animais.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.