Descripción
As meixelas de tenreira son unha carne tenra que se desfai no padal; cada vez máis de moda entre os grandes cociñeiros pola súa textura e versatilidade.
Grazas a que os nosos animais son alimentados de leite materna até os 9 meses de idade, fai desta carne un auténtico manxar, rica en ferro, vitaminas e proteínas.
As meixelas de O sabor dos Ancares, son de calidade Suprema; envíanse limpas e envasadas ao baleiro, en transporte refrixerado, igual que o resto dos nosos produtos para que cheguen ao consumidor en óptimas condicións.
A carne desta web, procede das explotacións de máis de 200 cooperativistas da zona de Os Ancares, que decidimos vender online a nosa carne de xeito directo, evitando os intermediarios. Deste xeito podemos ofrecer a máxima calidade ao consumidor, a un prezo xusto tanto para os consumidores como para nós, os gandeiros.
CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN: entre 0º e 7º C.





