Ossobuco de Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

Ossobuco, termo procedente do italiano que significa «Óso con buraco», é o corte transversal do xarrete, situado na parte extrema das patas da tenreira, pero con óso; con apenas graxa e moi xelatinoso.

Descripción

A forma máis habitual de cociñar o ossobuco de tenreira é en guiso, aínda que tamén se pode asar ou cocer. O óso achega ao guiso todo o sabor e esa textura xelatinosa propia deste corte.

Recibirás o ossobuco de tenreira de O Sabor dos Ancares envasado ao baleiro, cortado en rodas ou nunha mesma peza.

Toda a nosa carne procede de tenreiros cunha alimentación 100% natural e criados en liberdade.

Lembra que comprando en O sabor dos Ancares estás axudando a manter un rural vivo nos Ancares, grazas ás máis de 200 familias que forman parte da Cooperativa A Carqueixa, para que poidan vender os seus produtos a prezos xustos e sen intermediarios; dos Ancares á túa mesa.