Tenreira con salsa de figos – O Sabor dos Ancares

Dende Os Ancares elaboramos unha Tenreira con salsa de figos, cociñada pausadamente cunha pouca cebola, allo e un puñado de figos. Elaborando un bocado sublime con matices doces e delicados tintes aromáticos, que se acompaña dunha deliciosa pataca procedente das nosas hortas.

  • Sen abrir, consérvase 7 días (ver data do envase).
  • Listos para consumir. Quentar e desfrutar. No Microondas (2-3 min) ou na pota (5 min).
  • Envío en transporte refrixerado. Elaboramos a principio de semana para que o recibas os mércores.

Racións de 300 g/unidade aproximadamente.

Descripción

Cociñamos a tenreira con salsa de figos con calma e amabilidade, unha saborosa e suave tenreira elaborada nunha salsa de figos seguindo unha receita tradicional. O proceso non admite présas. O resultado, unha carne suave, tenra e melosa que se desfai no padal como manteiga, onde se aprecian os delicados matices da nosa carne.

Esta deliciosa comida permítenos saborear a calidade incomparable da Tenreira Galega Suprema da Carqueixa, criada de xeito tradicional e alimentada naturalmente nos verdes prados dos Ancares. Unha actividade económica sostible que permite que máis de 200 familias desenvolvan a súa profesión dignamente, mediante un sistema de produción que coida o medio no que viven e a súa paisaxe.

Prato cociñado con produtos locais da mellor calidade e sen conservantes, envasado en bandexas termoseladas con atmosfera protectora, que garante a súa conservación durante una semana no frigorífico (consultar data de caducidade no envase).

Unha vez aberto, conservar entre 0 e 4ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.

Nós seleccionamos, cociñamos e levámosche a mellor comida dos Ancares a túa casa, mantendo en todo momento a cadea de frío. Simplemente terás que facer uns buratos na tapa do envase e introducilo uns minutos no microondas  ou poñelo nunha pota ou tixola durante 5 minutos o lume.

Ingredientes

Carne de tenreira  90 %, figos 2%, cebola, aceite, sal, allo e ourego.

Este prato pode conter outros alérxenos. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto connosco!

Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético – 559kj / 134 kcal
Graxas – 7,3 g (das cales, saturadas – 2,16 g)
Hidratos de carbono – 4,21 g (dos cales, azúcres 1,11 g)
Proteínas – 12,8 g
Sal – 1,41 g