Xarrete con castañas – O Sabor dos Ancares

O Xarrete con castañas é una receita de innovación froito da imaxinación da nosa cociñeira que leva máis de 20 anos deleitando coa súa cociña a veciños e visitantes nos Ancares.

Atopamos un sabor único, froito da dedicación, da experiencia e do amor pola cociña. Unha carne suculenta nunha salsa espesa dunha cor marronciña de gusto sublime na que se combinan os zumes do xarrete cunha castaña practicamente desfeita, acompañada dunha guarnición de patacas dos Ancares.

  • Sen abrir, consérvanse 7 días (ver data no envase).
  • Listos para consumir. Quentar e desfrutar. No microondas (2-3 min.) ou na pota (5 min.)
  • Envíos en transporte refrixerado. Elaboramos e enviamos os martes para que o recibas os mércores.

Racións de  300g /unidade aproximadamente.

Descripción

Deseñamos esta receita para a degustación de Tenreira Galega Suprema en San Román de Cervantes. Sorprendeunos  este manxar exquisito xuntando os nosos mellores produtos, a carne e as castañas.

Elaborado con ingredientes de proximidade e coa carne das ganderías da nosa cooperativa. Unha carne con todo o sabor e cociñada de xeito tradicional durante máis de 3 horas.

Os pedidos de pratos cociñados, cociñámolos, envasámolos e enviámolos a principio da semana para que os recibas os mércores na túa casa.

Son pratos xa cociñados, para desfrutalos con todo o sabor; só tes que quentalos. No microondas quentar á máxima potencia durante 2-3 minutos e ca parte superior da bandexa previamente perforada. Tamén se pode verter o contido nunha pota ou tixola e quentar durante 5 minutos.

Enviamos os nosos pratos cociñados por transporte refrixerado, en bandexas termoseladas e envasadas en atmosfera protectora, polo que se poden conservar no frigorífico sen abrir durante aproximadamente unha semana (consultar data de caducidade no envase). Unha vez aberto, conservar entre 0 e 4ºC protexido con film e consumir nun prazo de 24 horas.

Desfruta de todo o sabor da comida da aldea na túa casa, mercando O sabor dos Ancares apostas por un rural vivo, e un sistema de produción lóxico para o entorno, os animais e as persoas.

Ingredientes para elaborar este prato

Xarrete de Tenreira Galega Suprema (90%), castañas (5%), cebola, allo e aceite de oliva.

Este prato pode conter outros alérxenos. Se tes algunha dúbida ou petición especial, ponte en contacto con nós!

Valor Nutricional (valores medios por cada 100 g)

Valor enerxético – 731kj / 175 kcal
Graxas – 9,39 g (das cales, saturadas – 2,61 g)
Hidratos de carbono – 11,1 g (dos cales, azúcres 1,59 g)
Proteínas – 11,4 g
Sal – 1,24 g