Xarrete de Tenreira Galega Suprema – O Sabor dos Ancares

O xarrete é unha carne magra, melosa e con moita fibra, procedente da parte externa das patas da tenreira. Envío nunha peza única ou en anacos (estilo ragout).

Descripción

O xarrete é unha peza de carne de tenreira moi apreciada na cociña familiar, xa que pola graxa que leva infiltrada é perfecta para guisos, estofados ou comidas de festa. Magra, tenra e melosa, o xarrete é fácil de cociñar e ten unha gran versatilidade culinaria.

O sabor e a calidade deste xarrete de tenreira é froito dun proceso de cría e alimentación tradicional e en liberdade. Os nosos cooperativistas xestionan as súas explotacións gandeiras na comarca dos Ancares, co saber facer e a experiencia de varias xeracións. A alimentación dos nosos xatos é a base de leite das súas nais, complementado con produtos naturais como as patacas ou a remolacha.

Enviamos o xarrete de tenreira nunha única peza ou en anacos, envasada ao baleiro. Nesta embalaxe (sen abrir a bolsa) pode conservarse durante unha semana na neveira, pero tamén pode conxelarse e dese xeito conservala durante máis tempo sen que perda sabor nin propiedades.

 

CONDICIÓNS DE CONSERVACIÓN:  entre 0º e 7º C.