Programa de bonos de conectividade «UNICO Demanda Bono PYME» (PRTR)

O prazo de solicitude remata o 30/12/2024

Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública

Orde TDF /755/2024, do 15 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria do programa de bonos de conectividade «UNICO Demanda Bono PEME» no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

Obxecto

 As axudas contempladas nesta Convocatoria teñen a consideración de subvencións outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a contratación polas PEME beneficiarias das solucións de acceso a Internet e servizos asociados que resulten elixibles, que estean dispoñibles no mercado e cuxas referencias estean incluídas no Catálogo de Servizos e Solucións de «Bono PEME» accesible desde a plataforma «Acelera PEME» https://www.acelerapyme.gob.es/.

As solucións financiadas polos bonos de conectividade de «Bono PEME» son de dous tipos:

a) Un acceso a Internet en redes de banda ancha, cunha velocidade de descarga de 100 Mbps ou superior, naquelas sedes da beneficiaria das axudas que non tivesen un acceso de tales características no momento de formular a solicitude destas nin dispuxesen del durante os tres meses anteriores á solicitude,

b) Un, varios ou un conxunto de servizos asociados.

O detalle da solución de acceso a Internet elixible para as axudas e dos servizos asociados está incluído no Anexo IV das bases reguladoras, así como no Catálogo de Servizos de «Bono PEME» regulado no artigo 15 destas bases.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións do Programa «Bono PEME» as pequenas empresas e microempresas de 0 a menos de 50 traballadores e as persoas en situación de autoemprego, en diante PEME.

O número de empregados calcularase tendo en conta os datos de traballadores existentes no Réxime Xeral da Seguridade Social e no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (autónomos colaboradores e autónomos societarios). O prazo para contabilizar o persoal medio de traballadores do Réxime Xeral (Seguridade Social) será o correspondente aos últimos 12 meses anteriores á data de solicitude da axuda.

 2. Para estes efectos, e, en xeral, a todos os relativos ás axudas do mencionado Programa, aplicarase a definición de empresa do artigo 1º do anexo 1 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, coas súas diferentes modificacións. Igualmente, para todos os efectos desta Orde e dos mencionados bonos de conectividade, aplicarase a categorización de empresas recollida no artigo 2 do citado Regulamento (UE) 651/2014.

3.Non poderán ser beneficiarios dos bonos de «UNICO Demanda Bono PEME» as persoas físicas ou xurídicas que sexan Axentes Dixitalizadores adheridos ao Programa «Kit Dixital» nin Prestadores de Servizos adheridos a «Bono PEME» nos termos do artigo 13 desta Orde.

Contía

1. O importe máximo total das axudas reguladas na Convocatoria ascende á cantidade de corenta e oito millóns de euros (48.000.000 €), que serán financiados a través da correspondente partida orzamentaria para a execución do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia, en consonancia co Regulamento (UE) 241/2021, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Así mesmo, será de aplicación o Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

2. O importe máximo da axuda que poderá percibir a beneficiaria polo conxunto de servizos e solucións de conectividade que contrate cun ou máis Prestadores de Servizos adheridos e pola totalidade do período de prestación da axuda será de 3.000 (TRES MIL) €, sumados os importes individuais de todos os servizos contratados.

3. Dentro do máximo sinalado no apartado anterior, os importes individuais máximos que poderán percibirse por cada solución ou servizo contratado e pola totalidade do período de prestación sinalado no número 2 anterior, son os seguintes por Categoría de Solución ou Servizo:

a) ACCESO A INTERNET

1. Acceso a Internet de Banda Ancha (100 Mbps de velocidade en sentido descendente): 400 € por sede (intensidade de axuda 50 por 100).

b) SERVIZOS ASOCIADOS

1. IP fixa: 180 € por IP (max. 3 IPs por empresa)

2. Telefonía Móbil Corporativa: 300 € por usuario

3. Wifi Profesional: 150 € por sede (200 € con 1 punto de acceso)

4. Central virtual: 100 € por usuario

5. Almacenamento e Backup na nube:

i. Modalidade Básica: 500 € x empresa

ii. Modalidade Avanzada: 2.000 € x empresa

4. Serán subvencionables aqueles gastos, no límite das contías máximas establecidas anteriormente, en que incorra o beneficiario para a adopción dos servizos e solucións de conectividade dispoñibles no Catálogo de Servizos do Programa, que cumpran co establecido no artigo 22 das bases reguladoras das axudas. En particular, serán subvencionables, como parte dunha solución de conectividade, os dispositivos que se inclúan na modalidade de alugueiro, cando a súa subministración sexa imprescindible para a prestación da solución contratada, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos que os de prestar esta solución.

5. O importe final da axuda de «Bono PEME» para a beneficiaria da mesma será o seguinte, sempre dentro dos límites máximos determinados no precedente artigo 22 e no Anexo IV das presentes bases reguladoras:

a) O 50 por 100 do custo subvencionable da contratación e prestación da solución de acceso a Internet de banda ancha de 100 Mbps que contratase durante os 12 meses de duración do bono.

b) O 100 por 100 do custo subvencionable da contratación e prestación dos servizos asociados contratados durante os 12 meses de duración do bono.

No caso de existir algunha diferenza entre o custo da solución e os servizos contratados pola PEME e o importe final da subvención concedida, a diferenza deberá ser abonada pola beneficiaria ao correspondente Prestador de Servizos adherido a «Bono PEME».

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de setembro de 2024 ás 11:00 horas ata o 30 de decembro de 2024 ás 11:00 horas, de conformidade co artigo 23.2.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación co artigo 31 das bases reguladoras desta Convocatoria. Este prazo concluirá antes se se esgotase o crédito orzamentario establecido no apartado quinto da presente Convocatoria.

Más Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 776597): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/776597

-Na Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública).

-Na Sede electrónica de Red.es a cal será accesible desde a plataforma «Acelera PEME»: https://www.acelerapyme.gob.es/

-BOE Nº. 178 (public. 24/07/2024) –  EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/07/24/pdfs/BOE-B-2024-27305.pdf

-BOE Nº. 177 (public. 23/07/2024) – BASES REGULADORAS: https://www.boe.es/boe/dias/2024/07/23/pdfs/BOE-A-2024-15200.pdf

gl_ESGL