Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

O prazo de solicitude remata o 30/09/2024

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Orde do 25 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR340E).

Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan nesta orde para cada modalidade de axuda.

Persoas e entidades beneficiarias

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Accións subvencionables

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencial.

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cincocentos mil euros (500.000 euros).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de solicitude das axudas desta orde comeza o día seguinte ao da súa publicación no DOG e remata o 30 de setembro de 2024.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 752431): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

Descargar DOG Nº. 69 (9 abril 2024) en PDF

gl_ESGL