Resumo Xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural

O prazo de solicitude remata o ACF

O salón de actos da casa consistorial da Fonsagrada acolleu o venres 26 de abril a ‘Xornada de Emprego para Repoboar o Rural’ impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Apuntáronse varias das oportunidades que ofrece o rural galego para poñer en marcha negocios e actividades económicas a través de exemplos en primeira persoa, ao tempo que tamén se analizou a situación que atravesan distintos sectores produtivos e se intentaron trazar posibles solucións para responder ás problemáticas coas que se atopan a diario aquelas persoas que apostan por vivir e traballar no rural.

Así mesmo, presentáronse dúas ambiciosas iniciativas enmarcadas dentro das accións proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Rural Intelixente. Trátase por un lado, dun servizo de videoasistencia dirixido a maiores de 65 anos e por outro ladao, a plataforma Aldeas Vivas, coa que se busca dinamizar as aldeas converténdoas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía.

No seguinte vídeo pode verse un resumo das persoas participantes na Xornada de Promoción do Emprego para Repoboar o Rural:

Ler nova completa en https://www.montesevalesorientais.gal/resumo-da-xornada-de-emprego-para-repoboar-o-rural/

gl_ESGL