Retención, captación e integración de novos poboadores


A través desta actuación, queremos dar resposta á necesidade de vivendas, locais e terras de alugueiro como condición imprescindible para o asentamento de novos poboadores, para a substitución xeracional do sector agrario e para que os mozos poidan levar a cabo o seu proxecto de vida sen ter que emigrar da súa comarca.

Queremos achegarnos a pechar o círculo da promoción do emprendemento e a creación de emprego local a partir dos novos nichos de mercado xerados pola transición dixital e ecolóxica da economía.

Para isto, apostamos por:

  • Dinamizar a práctica do alugueiro no territorio como potenciador das posibilidades de acceso á vivenda, necesaria para a retención de poboación nova local así como na captación e asentamento de poboación nova.
  • Identificar os condicionantes limitadores desa cultura do alugueiro como punto de partida para o cambio: diagnóstico dende a escoita a propietarios e demandantes, así como implicación da poboación nas solucións a medio e longo prazo.
  • Deseñar unha ferramenta web que permita ofertar e demandar recursos habitacionais e oportunidades laborais ou de emprendemento.
  • Establecer unha canle de contacto entre demandantes e ofertantes.
  • Promover ferramentas de acompañamento e mediación para a integración de novos poboadores.

Queres coñecer os recursos dispoñibles?

Queres ofertar un recurso?

Queres asentarte neste territorio?

Necesitas máis información?

gl_ESGL