Subvención, en réxime de concorrencia non competitva, para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal

O prazo de solicitude remata o 11/02/2026

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Orde do 11 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT236A).

BDNS (Identif.): 875787.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026, no marco do programa Ler conta moito (código de procedemento CT236A).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e cumprisen o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns, cuxos integrantes cumpran individualmente os requisitos establecidos na orde.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As bibliotecas e axencias de lectura municipais para as que se solicita a subvención deberán estar integradas na Rede de bibliotecas de Galicia antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais, ter cuberta e remitida ao Servizo do Sistema de Bibliotecas a estatística de bibliotecas do ano 2024 (agás as que non tivesen actividade en 2024 por teren iniciado a súa actividade ou reactivado os seus servizos durante 2025 ou 2026, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, e sempre que comunicasen esta circunstancia ao Servizo de Bibliotecas antes da publicación desta convocatoria) e ter informatizada a súa xestión.

Importe

Destinarase un crédito total de 195.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.760.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 12 de xaneiro ata o día 11 de febrero de 2026, ambos incluídos. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 875787): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/875787

-Na Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro.

-Na Dirección Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude).

-DOG Nº: 247 (public. 23/12/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251223/AnuncioG0766-151225-0001_gl.pdf

gl_ESGL