Subvencións a entidades locais, destinadas a mellorar e impulsar o control poboacional de colonias felinas, correspondente ao ano 2025

O prazo de solicitude remata o 29/05/2025

Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

Extracto da Resolución do 19 de marzo de 2025 da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais pola que se convocan subvencións a entidades locais, destinadas a mellorar e impulsar o control poboacional de colonias felinas, correspondente ao ano 2025.

BDNS (Identif.): 823367

Obxecto

Sufragar os gastos que haxan de afrontar as entidades beneficiarias no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro do ano 2026, na execución de proxectos destinados a impulsar o control poboacional de colonias felinas mediante o método ético de captura, esterilización e retorno.

Beneficiarios

a) Os concellos que dispoñan de programa de xestión ética aprobado por esa entidade local.

b) As deputacións provinciais e forais, os cabidos e consellos insulares, as comarcas, mancomunidades, ou outras entidades que agrupen varios municipios, sempre que os municipios nos que se expoña a actuación ou proxecto dispoñan dun programa de xestión ética establecido ou aprobado por esa entidade local.

Os programas municipais de xestión ética de colonias felinas deberán estar aprobados ao tempo de realizar a solicitude e deberán incluír, polo menos, os aspectos establecidos no artigo 39.1 da Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais.

Bases Reguladoras

Orde DSA/1352/2022, do 22 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais, destinadas a mellorar e impulsar o control poboacional de colonias felinas.

Contía

A contía máxima da convocatoria ascende a 1.950.000 euros, que se distribuirá nos seguintes tramos:

a) 950.000.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

b) 500.000,00 € para proxectos presentados por entidades cunha poboación superior a 10.000 habitantes e inferior ou igual a 50.000 habitantes.

c) 500.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais poboación superior a 50.000 habitantes.

O importe do financiamento para conceder será dun mínimo do 60 por cento e un máximo do 100 por cento sobre o orzamento do proxecto que fose considerado financiable.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no “Boletín Oficial do Estado”.

Máis Información

-O texto da convocatoria e os seus anexos están dispoñibles na páxina web cuxa dirección é www.mdsocialesa2030.gob.es.

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 823367): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/823367

-Na Director Xeral de Dereitos dos Animais (Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030).

-BOE Nº: 76 (public. 29/03/2025) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2025/03/29/pdfs/BOE-B-2025-11630.pdf

gl_ESGL