Subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES

O prazo de solicitude remata o 08/07/2024

Axencia de Turismo de Galicia

Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU970A).

Obxecto e réxime

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia de Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES, e a convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU970A).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidos no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Importe

As subvencións relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 210.000,00 €, dos cales 50.000,00 € corresponderán á categoría 1ª (concellos), con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2015 00005, e 160.000,00 € corresponderán ácategoría 2ª (entidades privadas), concargo á aplicación 04.A2.761A.770.0, proxecto 2015 00005, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, nos termos establecidos no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que implicará a posibilidade de atender novas solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Máis Información

 -Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 765727): http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Axencia de Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia de Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-su…

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada, introducindo no buscador o código de procedemento TU970A.

c) Os teléfonos 981 54 63 67 e 981 54 63 60 da devandita axencia.

d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

-DOG Nº: 110 (public. 07/06/2024): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240607/AnuncioG0256-240524-0001_gl.pdf

gl_ESGL