Subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais

O prazo de solicitude remata o 22/07/2024

Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

Extracto da Resolución do 17 de xuño de 2024 do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, pola que se convocan subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais.

Obxecto

A presente resolución ten por obxecto convocar para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, con cargo aos créditos dos orzamentos da Dirección Xeral de Axenda 2030, as subvencións destinadas a proxectos e iniciativas que promovan a implementación, a aliñación e a localización da Axenda 2030 nas Entidades Locais, de acordo con o previsto no artigo 1 da Orde Ministerial DSA/632/2022, do 23 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais.

A Dirección Xeral de Axenda 2030 é o órgano convocante por delegación do Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 conforme á Orde DCA/249/2024, do 15 de marzo, de fixación de límites de gasto e de delegación de competencias.

Entidades beneficiarias

1. Poderán obter a condición de entidade beneficiaria as entidades locais recollidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Así mesmo, poderán obter a condición de entidade beneficiaria as agrupacións de entidades locais que estean constituídas conforme ao artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e que cumpran os requisitos establecidos na disposición adicional única da Orde DSA/632/2022, do 23 de xuño.

2. As entidades locais poderán agruparse a efectos de desenvolver proxectos que lles resulten de interese compartido. Para ese efecto, as agrupaciónsdeberán axustarse ao disposto no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, asícomo ao sinalado na disposición única adicional da Orde DSA/632/2022, do 23 de xuño.

3. A condición de entidade beneficiaria da subvención implica que asume, fronte á entidade convocante e á entidade colaboradora, a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, derivada da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e do seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

4. As accións que realicen as entidades beneficiarias terán que cumprir co estipulado nas bases reguladoras e nesta convocatoria.

5. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. No caso de agrupacións, esta esixencia aplicarase a cada un dos seus compoñentes.

Bases Reguladoras

Orde DSA/632/2022, do 23 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais (BOE Nº. 161, publicado o 6 de xullo de 2022).

Créditos orzamentarios e contía total máxima das subvencións convocadas

1. As subvencións outorgadas conforme o disposto nas bases reguladoras, así como na presente resolución, sufragaranse cos créditos orzamentarios da Dirección Xeral de Axenda 2030 do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para o exercicio 2024, en concreto a aplicación orzamentaria 29.07.921E.460, por unha contía máxima de 6.600.000,00 € (seis millóns seiscentos mil euros), que se distribuirán nos seguintes tramos:

– 1.400.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes.

– 3.200.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación superior a 5.000 habitantes e inferior a 100.000 habitantes.

– 2.000.000,00 € para proxectos presentados por entidades locais ou agrupacións de entidades locais cunha poboación igual ou superior a 100.000 habitantes.

Poderanse subvencionar proxectos cunha contía mínima solicitada de 20.000,00 € e máxima de 250.000,00 €.

A concesión destas subvencións queda condicionada á vixencia e suficiencia do citado crédito orzamentario.

Proxectos subvencionables

As subvencións irán destinadas a subvencionar proxectos ou iniciativas relativos a:

a) Elaboración de plans de implementación da Axenda 2030 no ámbito local.

b) Proxectos para a adaptación dos plans estratéxicos municipais á Axenda 2030.

c) Actuacións que respondan as prioridades establecidas no Plan de implementación da Axenda 2030 e/o outros plans estratéxicos existentes cuxo obxectivo sexa ofrecer unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.

d) Proxectos de sensibilización e concienciación da Axenda 2030, dirixidas á cidadanía local e/o ao conxunto dos diferentes actores locais, incluíndo a xeración de capacidades.

e) Iniciativas que contribúan a implementar a Axenda 2030 e a facer realidade o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no ámbito local.

O prazo máximo para executar cada proxecto será dun ano a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución de Concesión na “Base de Datos Nacional de Subvencións”.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 768635): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/768635

-Na Dirección Xeral da Axenda 2030 (Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030):

O texto da convocatoria e os seus anexos están dispoñibles na páxina web: https://www.mdsocialesa2030.gob.es/agenda2030/subvenciones.htm

Os solicitantes deberán presentar as solicitudes mediante medios electrónicos a través da sede electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030: https://sede.mscbs.gob.es/registroElectronico/formularios.htm#TRAM_SUBIM…

ou a través do Rexistro Electrónico Común da Administración Xeral do Estado (https://reg.redsara.es/) que permite presentar instancias xenéricas, remitindo a documentación á Dirección Xeral de Axenda 2030 (código E05079801).

-BOE Nº. 149 (20 xuño 2024) – EXTRACTO CONVOCATORIA: https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/20/pdfs/BOE-B-2024-23005.pdf

-BOE Nº. 161 (6 xullo 2022)  – BASES REGULADORAS: https://www.boe.es/boe/dias/2022/07/06/pdfs/BOE-A-2022-11218.pdf

gl_ESGL