Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Orde do 17 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR450A).
Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2025.
O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR450A.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:
a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que presentasen oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC neste, quedando neste caso condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter presentadas as contas ás que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2023 no Consello de Contas de Galicia.
c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1.1.2015 destinado a prestación dos servizos de protección civil e emerxencias.
Se unha vez asignado o equipamento ás entidades locais, tendo en conta a condición anterior, quedase equipamento vacante, este será asignado a entidades locais que xa o recibisen despois do 1.1.2015 de acordo coa puntuación acadada nesta orde.
Importe
A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie, distribuíndose o equipamento que se vai ceder nas seguintes liñas de axuda:
Liña 1. 35 kits de material loxístico de seguridade viaria.
Liña 2. 32 kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.
Liña 3. 10 tendas de campaña para emerxencias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento, non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/847992
-Na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes).
-DOG Nº: 143 (public. 29/07/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250729/AnuncioG0759-170725-0003_gl.pdf